A reforma do viario interno da Chamadoira permitirá a circulación de vehículos
Por Redacción
A ampliación da plataforma da última pista do viario da aldea cerdedense da Chamadoira permite alargar o viario interno e mellorar as conexións deste punto de Cerdedo-Cotobade. Desta forma, os vehículos en xeral e sobre todo os de gran tamaño como os de emerxencias e sanitarios poderán transitar polo interior deste núcleo de poboación.
Ademais, as obras permitiron corrixir as importantes escorrentías de augas pluviais derivadas da forte pendente da aldea. Creáronse canalizacións e entubados, ademais de reixas que favorencen a limpeza.
Os traballos de ampliación da pista consistiron na derriba e reconstrución dos muros de pedra laterais e a dotación dun novo firme. Esta actuación xa se abordou durante a execución dun proxecto previo que levou a cabo no inverno. A complexidade técnica derivada da estreiteza da pista provocou que a obra se alongase no tempo.
Relacionadas:
-
Pavimentan un novo camiño no lugar de Barro dentro da mellora da rede viaria de Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
O Concello remata a mellora da rede viaria interna de Chamadoira
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade renova toda a trama de pistas e camiños do lugar de Barro
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade executa a mellora integral da rede viaria de Chamadoira
Por Redacción |