Terras de Pontevedra incorporará a Barro e A Lama
Por Redacción
A mancomunidade Terras de Pontevedra celebrou este xoves un pleno extraordinario no que se aprobou un incremento do orzamento para este ano 2019 e o deseño unha nova iniciativa para promocionar os xacementos rupestres da comarca.
Terras de Pontevedra solicitará unha maior implicación da Xunta para acometer novas iniciativas de promoción turística.
A mancomunidade ten prevista a adhesión dos concellos da Lama e Barro pero este trámite pospoñerase ata despois das eleccións municipais do 26 de maio, segundo confirmou a concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías.
A día de hoxe conforman este organismo os concellos de Pontevedra, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Vilaboa, Cerdedo-Cotobade e Campo Lameiro.