O hospital Quirónsalud Miguel Domínguez reúne a expertos en Dano Cerebral Adquirido
Por Redacción
O hospital Quirónsalud Miguel Domínguez reunirá a médicos especialistas no diagnóstico e a neurorrehabilitación do Dano Cerebral Adquirido (DCA) xunto con asociacións de pacientes e traballadores sociais, nunha xornada que se celebrará o 4 de abril. A continuación, visitarase o Instituto de Neuro-rehabilitación Quirónsalud Pontevedra para coñecer as singularidades deste centro especializado no tratamento do DCA.
A sesión abordará a necesidade de humanizar o manexo do paciente con Dano Cerebral Adquirido, cunha intervención que será impartida polo neurólogo Javier Pardo Moreno, xefe do Servizo de Neuroloxía dos hospitais Universitario Rey Juan Carlos (Móstoles), Universitario Infanta Elena (Valdemoro) e Xeneral de Villalba.
A continuación, Lucía Camiño, médico-rehabilitadora do Instituto de Neuro-rehabilitación Quirónsalud Pontevedra, expoñerá a mellora dos resultados clínicos obtidos neste centro especializado coa aplicación de terapias de abordaxe multidisciplinar en pacientes con DCA.
Pola súa banda, a doutora María del Mar Castellanos, coordinadora do Centro de Atención ao Ictus – Comisión Ictus do SERGAS expoñerá os resultados que se están obtendo a través do Plan Ictus en Galicia. O Ictus está considerado como unha das principais causas de Dano Cerebral Adquirido, cunha incidencia é do 78% dos casos, segundo as estatísticas.
Por último, Julio Agredano, presidente da Asociación Nacional Freno al Ictus, explicará o papel da empresa como un elemento crave para mellorar a situación do ictus na sociedade.
En España hai máis de 420.000 persoas afectadas por Dano Cerebral Adquirido, segundo a Federación Española de Dano Cerebral Adquirido. De maneira estimada, cada ano, rexístranse máis de 100.000 novos casos de DCA. En Galicia, máis de 35.700 persoas están afectadas por esta patoloxía.
Relacionadas:
-
O Instituto de Neuro-rehabilitación Quirónsalud difunde un Decálogo para familias de persoas con Dano Cerebral Adquirido
Por Noticia patrocinada |
-
VÍDEO.- Coñecemos o Instituto de Neuro-Rehabilitación Quirónsalud e tres historias de superación
Por Noticia patrocinada |
-
A atención precoz, especializada e multidisciplinar, fundamental para a recuperación de pacientes con dano cerebral adquirido
Por Noticia patrocinada |