Os traballadores de Ence, indignados co cambio de criterio do Goberno sobre a prórroga, organizarán unha manifestación
Por Natalia Puga
A decisión da Avogacía do Estado de non defender ante a Audiencia Nacional a prórroga concedida polo Goberno en 2016 á empresa Ence para manter a fábrica en Pontevedra en terreos de Costas en Lourizán sementou preocupación e indignación entre o persoal da factoría e os traballadores decidiron mostrar publicamente esa intranquilidade e ese enfado organizando unha manifestación.
Os comités da fábrica de Lourizán e as oficinas centrais de Ence Pontevedra celebraron este venres dúas asembleas nas que, tras analizar a nova situación, acordouse realizar unha serie de mobilizacións. A asistencia foi maioritaria dos traballadores.
Así, os traballadores acordaron un comunicado oficial polo que mostran a "indignación xerada no persoal" polos últimos acontecementos e polo cambio de criterio do Goberno do PSOE. Acusan á Administración de "utilizar o futuro dos miles de postos de traballo como arma electoral", pois foi o Goberno central (do PP neste caso) o que autorizou a prórroga e agora é o mesmo Executivo (xa gobernado polo PSOE) o que desiste de defender a súa decisión.
Como primeira medida, o persoal decidiu acudir ao pleno da Deputación convocado para o vindeiro venres 29 de marzo. Xa solicitaron a intervención dos dous presidentes dos comités e están a esperar unha resposta oficial sobre se teñen autorización.
A segunda medida será organizar unha manifestación para mostrar "a desconformidade e preocupación" de todos os traballadores ante o que cualifican como un "xiro inesperado" acerca da prórroga. Destacan que "pon en perigo o futuro de miles de empregos".
A maiores, o persoal está a valorar levar a cabo outro tipo de actuacións que haberá que definir.
Relacionadas:
-
Feijóo ve "irresponsable" a decisión do Gobierno sobre ENCE e Pontón acúsao de ser o seu "valedor"
Por Alejandro Espiño |
-
Reyes Maroto, ministra de Industria: "Hai un informe que nos di que a prórroga a ENCE era ilegal"
Por Alejandro Espiño |
-
A corporación municipal prepárase para a recta final do mandato
Por Alejandro Espiño |
-
Rajoy outorgou a prórroga a ENCE "sen consulta previa" á avogacía do Estado
Por Oskar Viéitez |
-
Rueda ve unha "falta de respeto" ao autogoberno de Galicia a decisión do Estado sobre Ence
Por Redacción |
-
O comité de empresa chama aos traballadores de Ence a mobilizarse
Por Oskar Viéitez |