Joe Pando, edil ovetense do PP, defende nunha charla en Pontevedra a recolección de lixo porta a porta
Por Redacción
O Parador de Pontevedra foi escenario este sábado dunha charla organizada polo Partido Popular de Pontevedra para explicar o sistema de recollida de lixo porta a porta que pretenden implantar.
Para iso contaron coa presenza dun concelleiro da súa formación en Oviedo, Joe Pando, que explicou a experiencia da súa cidade cun sistema que se implantou no ano 2003.
"El sistema de recogida de basuras mediante contenedores en la calle supone un problema durante 24 horas al día, mientras que con el sistema de recogida puerta a puerta esta situación se reduce a tres horas diarias", asegurou acompañado do candidato pontevedrés, Rafa Domínguez, e por Silvia Junco, membro da executiva local.
"Caminando por Pontevedra pude ver como al lado del Teatro Principal se acumulan contenedores de basura que dan una mala imagen de la ciudad. En Oviedo este problema no existe", defendeu Pando.
Segundo explicaron, a ordenanza de limpeza de vías públicas e recollida de residuos de Oviedo establece un proceso de reciclaxe que comeza en cada vivenda. Cada veciño na súa casa separa os distintos residuos (orgánico, envases, papel – cartón e vidro) que despois depositan no cubo colectivo de cada comunidade de veciños. Estes cubos colectivos sácanse á rúa nun determinado horario (en Oviedo entre as 21:00 e 22:30) para que o camión poida recoller o lixo en cada portal tamén nun horario determinado.
Relacionadas:
-
Rafa Domínguez pide a rescisión do aluguer dos terreos onde se quere instalar a planta de compost
Por Redacción |
-
Rafa Domínguez esixe o BNG paralizar a implantación da compostaxe comunitaria
Por Alejandro Espiño |
-
O PP retirará do centro urbano os composteiros comunitarios e os contedores se goberna en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |