A Primitiva deixa en Vilagarcía case 14 millóns de euros
Por Redacción
O sorteo de lotería da Primitiva deixou este sábado 23 de marzo unha choiva de millóns en Vilagarcía de Arousa.
Na capital arousá selouse o único boleto acertante de categoría especial (6 acertos + reintegro), que xunto ao premio acumulado de primeira categoría permitirá cobrar ao dono do resgardo a friorenta cantidade de 13.806.070,92 euros.
A combinación gañadora do sorteo foi 3-8-20-25-38-30 co complementario 24 e o reintegro 0.
O boleto gañador foi selado na Administración de Loterías número 2 de Vilagarcía de Arousa, situada na rúa Rey Daviña.