Luces led para a recta do Peón, na parroquia de Beluso
Por Redacción
O Concello de Bueu executa estes días a renovación dun total de 74 luminarias tipo Led na recta do Peón, un tramo situado na parroquia de Beluso.
Unha avaría detectada antes de finais de 2018 provocou a desconexión dun terzo dos farois. Trátase dunha substitución integral que supoñerá unha baixada de consumo e de carácter económico. As luminarias antes eran de 150 watts e agora substitúense por outras de 40.
O alcalde de Bueu, Félix Juncal, considera que este cambio permite unha mellora na iluminación ao longo de todo este viario.
O Concello investiu ao redor de 18.000 euros e súmase a outras que se acometeron para reducir o gasto público e mellorar a eficiencia enerxética.