Escolares do CEIP San Tomé de Cambados comproban como nace unha miñoca e o seu labor para crear compost
Por Redacción
Estudantes de quinto e sexto de Primaria do CEIP San Tomé de Cambados saían este luns ao patio para participar no obradoiro sobre a vida interior dos depósitos de compost. Con esta actividade trasládase á práctica os coñecementos adquiridos ao longo do curso sobre os animais que participan activamente na descomposición dos restos orgánicos do lixo.
Desta forma, ao longo da xornada puideron coñecer directamente anélidos, colémbolos, pseudoescorpións e coleópteros. Mesmo, os escolares chegaron a asistir, a través do microscopio, o nacemento dunha miñoca. Puideron comprobar como agromaba dunha masa de ovos (ooteca) un verme pequeno.
Con esta experiencia de carácter lúdico, os talleres que organiza a Deputación de Pontevedra, a través do CEIDA, quérese implicar aos escolares e tamén ao profesorado na importancia da separación do lixo orgánico doméstica e do uso dos composteiros.
O Concello de Cambados dispón de varios composteiros comunitarios e xa se trataron, segundo informa a Deputación, máis de 40 toneladas de residuos orgánicos desde a súa instalación coa posta en marcha do Plan Revitaliza
Relacionadas:
-
Rematan as obras do comedor escolar do CEIP San Tomé de Cambados
Por Redacción |
-
A Deputación selecciona persoal para unha bolsa de emprego de mestres composteiros
Por Redacción |
-
Mosquera, convencido de que en dous ou tres anos a compostaxe vai ser un modelo "mundial"
Por Redacción |
-
O presidente de Illa de Príncipe, onde veranean Brad Pitt e Bill Gates, interesado no plan de compostaxe pontevedrés
Por Anxo Lourido |
-
Escolares do CEIP Xunqueira 1 coñecen como se composta no campus universitario
Por Redacción |
-
Alumnos do CEIP Xunqueira I aprenden cos bichos da compostaxe
Por Redacción |