Detido o xerente dunha empresa de limpeza que tiña os traballadores sen contrato nin soldo
Por Redacción
A Policía Nacional e a Inspección de Traballo culminaron esta semana unha investigación sobre a actividade dunha empresa de limpeza e mantemento de Vilagarcía de Arousa á que detectaron irregularidades laborais como a ausencia de contrato dos traballadores.
Segundo informou a Policía Nacional, o xerente da empresa foi detido como presunto autor dun delito contra os dereitos dos traballadores.
O home, de 41 anos, é veciño de Vilagarcía e ten antecedentes policiais. Ademais, unha familiar súa foi investigada non detida polos mesmos feitos delituosos dada a súa participación nos feitos denunciados.
A investigación comezou a principios do mes de xaneiro, ao ter coñecemento das posibles irregularidades laborais que podería estar a cometer a empresa. As declaracións de traballadores actuais da empresa evidenciaron o abuso laboral ao que eran sometidos os empregados. Non posúen contrato de traballo e a día de hoxe non lle pagaran nada.
Tras levar a cabo unha inspección en colaboración co Ministerio de Traballo, os axentes policiais procederon á detención do xerente.