Homenaxe aos Mercedes Clásicos en Ponte Caldelas
Por Redacción
Ponte Caldelas acollerá o vindeiro domingo día 7 de abril unha concentración de vehículos Mercedes clásicos.
A localidade pontevedresa é unha das sedes nas que o W123 Club España organizará concentracións simultáneas, xunto ás previstas en Cudillero (Asturias), Cerdanya (Lleida), Navacerrada (Madrid), Ayamonte (Huelva) e Cabo de Palos (Murcia).
A Concentración está dedicada ao modelo que hoxe se coñece como Clase E de Mercedes fabricado entre os anos 1976 e 1985, un coche que se denomina no mundo enteiro como W123, pero que en Galicia adóitase denominar Mercedes 300 D por ser esta a versión máis vendida.
O programa do día dará comezo ás 9.30 horas no castelo de Soutomaior coa recepción, inscrición e entrega de acreditacións, mentres que a chegada a Ponte Caldelas está prevista para as 13.00 horas. Os coches quedarán expostos na contorna da Alameda.