A Deputación financia obras en Marín e Cerdedo-Cotobade
Por Oskar Viéitez
A Deputación de Pontevedra aprobou este venres en Xunta de Goberno novos investimentos para os concellos de Marín e Cerdedo-Cotobade.
No caso de Marín, con cargo á liña 1 do Plan Concellos, adicaránse 156.000 euros para financiar o sistema de retención de sólidos no aliviadoiro e equipos para incrementar caudais de impulsión da estación de bombeo de augas residuais da Goleta.
Máis polo miúdo, o que se pretende é dar unha solución técnica ao feito dos alivios constantes no sistema de saneamento a través dunha tapa nun pozo de rexistro no colector que, por gravidade, transporta as augas residuais ata o pozo de bombeo da Goleta. Para levar a cabo esta actuación vaise a rebaixar a cota de saída do aliviadoiro principal do pozo de bombeo, realizando un novo colector e instalando un pozo de alivio con retención de sólidos; e, tamén, se van a substituír as bombas.
CERDEDO-COTOBADE
Tamén con cargo á liña 1 do Plan Concellos 2019, Cerdedo-Cotobade recibe unha achega de 82.000 euros para financiar a adquisición dun inmoble de 1.142 metros cadrados destinado a servizos municipais en A Chan, Carballedo.