Rueda destaca a Jorge Cubela como a mellor garantía para seguir modernizando a Cerdedo-Cotobade
Por Redacción
O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, presentou este sábado ao candidato á Alcaldía de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, a quen destacou como "a persoa axeitada e a mellor garantía para seguir modernizando e dando impulso" este concello tras as eleccións do 26 de maio.
Rueda indicou que Cubela aúna xuventude coa experiencia de oito anos como alcalde, poñendo en valor a súa "gran capacidade de traballo e cercanía aos veciños", combinada cunha "xestión seria e eficaz e un proxecto ilusionante e integrador para todos".
O presidente provincial definiu a Cubela como un alcalde "de referencia", dentro dun partido "unido e estable", frente aos "líos internos" doutras formacións ou aos "aventureiros" que en moitas vilas e cidades non teñen aínda nin programa nin candidato definido.
Por último, confiou en acadar un "magnífico resultado" tanto nas eleccións do 28 de abril como do 26 de maio, "nas que imos a sair a gañar", e dar así continuidade aos proxectos "que este municipio necesita".
Pola súa banda, Jorge Cubela asegurou que "é un honor ter un apoyo tan grande por parte dos meus compañieros", o que, recoñeceu, implica " unha maior responsabilidade". Con todo, Cubela asume o reto "encantado" para seguir co "proxecto de modernización do concello".