Xornada de mantemento da presa e do muíño do Toxal
Por Redacción
A Asociación Vaipolorío levou a cabo este sábado traballos de mantemento e conservación da presa e o muíño do Toxal.
O río Toxal é unha das denominacións que ten o Gafos, xunto ás de Cocho e Tomeza.
Neste caso correspóndese co tramo de Vilaboa onde está situado este muíño de auga no Toural.
Desde Vaipolorío lamentaron a falta de implicación do Concello de Vilaboa na recuperación do patrimonio etnográfico da parroquia de Bértola.