A.M.A. imparte unha formación en responsabilidade civil ao Colexio de Hixienistas Dentais de Galicia
Hai uns días, A.M.A. foi convidada a impartir unha xornada de formación, no marco da Asemblea Xeral do Colexio Profesional de Hixienistas Dentais de Galicia, celebrada na súa sede de Santiago de Compostela, na cal participou Susana Rodríguez Tena, membro do Departamento de R.C.P.
No transcurso da conferencia, a relatora desenvolveu os conceptos básicos sobre a responsabilidade civil profesional do hixienista dental, a obriga de informar o paciente, así como o correcto enchemento e custodia da Historia Clínica.
Por último, describíronse e analizaron as coberturas da póliza que este Colexio ten subscrita con A. M.A., realizando unha exposición de distintos casos prácticos que resultaron de grande utilidade para os asistentes, nos cales puideron comprobar a aplicación práctica da póliza colectiva en supostos reais, así como o resultado final dos mesmos.