Montecelo realizará, por primeira vez, unha xornada para que os futuros residentes escollan Pontevedra
Por Almu Dapena
Co obxectivo de intercambiar experiencias dos residentes que están a traballar actualmente nos centros da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, o Hospital Montecelo, que forma parte do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, abrirá as portas do seu salón de actos para que os estudantes que poidan estar interesados en realizar a súa formación especializada na área sanitaria norte da provincia de Pontevedra, descubran de primeira man como funcionan as diferentes especialidades acreditadas.
Trátase da primeira vez que se realiza unha xornada destas características no hospital de Pontevedra. Terá lugar o martes 9 de abril e nela participarán xefes de estudos de Atención especializada e Medicina Familiar e Comunitaria, que explicarán aos futuros residentes as principais razóns e vantaxes polas cales deberán escoller estes centros.
Finalmente intercambiarán impresións cos representantes residentes das diferentes especialidades terminando cunha visita guiada polos diferentes servizos.
A incripción para esta xornada poderase realizar chamando ao 986 800 913 ou enviando un correo a docencia.especializada.pontevedra@sergas.es
Relacionadas:
-
RADIO.- Conversas na Ferrería: Abrimos a vea audiovisual dos estudantes de Medicina
Por Mónica Patxot & Marisa Ciordia |
-
Un centenar de cirurxiáns reúnense no Hospital de Montecelo para a visualización de operacións en directo
Por Olaya Madrigal |
-
Cirurxía da fístula perianal, retransmitida en directo no Hospital Montecelo
Por Redacción |