O Concello constrúe unha pista multideporte anexa ao colexio de Cerdedo
Por Redacción
O Concello de Cerdedo-Cotobade vén de iniciar as obras de modernización da cancha de xogo anexa ao colexio público San Xoán Bautista para a súa conversión nunha completa pista multideporte.
Esta actuación está a ser executada pola empresa Sergonsa Servicios cun investimento de 72.300 euros, o que supuxo unha baixa de case 30.000 euros sobre o orzamento de licitación establecido no concurso público.
Con estes traballos, que quedarán rematados nunhas semanas, preténdese corrixir o estado da cancha de xogo, que levaba moito tempo de uso e presentaba certo deterioro, e modernizar estas instalacións deportivas para o seu uso por parte dos veciños, especialmente dos cativos do colexio público, que son os que máis empregan este recinto de xogo.