A primeira corporación democrática celebra o 40 aniversario da súa toma de posesión
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
Catorce concelleiros dos 25 integrantes da primeira corporación democrática reuníronse este mércores para festexar o 40 aniversario da súa toma de posesión en abril de 1979, apenas catro anos despois da morte de Franco.
A corporación estaba formada por 9 concelleiros de UCD, 6 de UG, 4 Independentes, 3 do PSOE, 1 de CD (hoxe PP), 1 do PC e 1 do BNG.
Asistiron á cita Isidro Caballería, Celestino García Braña, Luciano Esperón, Ramón Vázquez, Eladio Portela, Afonso Ribas, Francisco Tilve, Modesto Barcia, o que foi primeiro alcalde Rivas Fontán, Pilar Allegue, Xosé Fortes Bouzán, Antonio Biempica, Eligio Cancela, Benigno Abelleira e Edelmiro Manuel Barreiro.
Non acudiron Diego Murillo, Margarita Pérez Angulo, Luís López de Guereñu e Marcelino Otero.
Neste encontro lembrouse aos sete concelleiros falecidos, Federico Cifuentes Pérez (presidente da Deputación), Aurelio Cortizo del Campo (tenente de alcalde), Benito Rivas Maquieira (concelleiro de Xeve), Daría González García (presidenta da comisión cultura), Manuel Collazo Lorenzo (concelleira de Salcedo), Joaquín Queizán Taboada (teniente de alcalde e ex alcalde) e Germán de la Iglesia Faustino (delegado de policía e zona centro).