A Deputación financia tres novas actuacións na Lama
Por Redacción
Mediante resolucións presidenciais, a Deputación de Pontevedra vén de aprobar tres novos investimentos para o concello da Lama, ao abeiro da liña 1 do Plan Concellos 2019, por un total de 54.034,99 euros.
En concreto, executarase un parque biosaudable, instalaranse luminarias led no municipio e achegarase material para abastecemento.
Máis polo miúdo, destinaranse 23.627,73 euros para a execución dun parque biosaudable na Lama.
Outros 12.621,95 euros serán para o subministro de luminarias led para o concello da Lama; e por último, 17.785,31 euros financiarán o subministro de material para abastecemento no termo municipal.