Ensaios no Xoán XXIII para votar por primeira vez
Por Almu Dapena & Mónica Patxot
Hai 30 anos, unha sentenza ditaminaba que había persoas con discapacidade intelectual que podían votar e outras que non.
Esta situación cambiará nas eleccións do día 28 de abril. En FADEMGA Plena inclusión Galicia, un total de 500 persoas recuperan ese dereito que se lles foi privado debido a modificacións na lei que decidía sobre a súa capacidade de obrar xudicialmente.
Por iso, preto de 75 persoas con discapacidade participaron durante a mañá deste venres nun simulacro de eleccións no Xoán XXIII onde ensaiaron co obxectivo de detectar e avaliar posibles dificultades que lles poidan xurdir á hora de acceder a este dereito.
Froila Torres, unha das mozas con discapacidade, comentou moi ilusionada que "síntome moi contenta e satisfeita por votar por primeira vez. Eu espero que a persoa que vote sexa moi boa persoa e nos axude a todos".
A vicepresidenta da organización, Carmela González, aproveitou para insistir en que os políticos teñen abertas as portas da Federación, "aquí en Pontevedra hay instalaciones para convivir con ellos y conocer qué es lo que demandan", así se darán conta de que"son ciudadanos y ciudadanas como el resto. Tienen buena comprensión, hay que conocerlos, y si los conoces te das cuenta de que son unas personas maravillosas".
Así mesmo explicou a necesidade de que os programas electorais sexan de lectura fácil. Trátase de textos reducidos para facilitar a lectura destas persoas e das maiores. "Es muy sencillo" explica a presidenta, "nos envían el programa a la Federación y aquí nos encargamos de resumirlo".
Carmela González: "Es un derecho que tienen adquirido y se debería respetar"
Tamén quixo recalcar as palabras lidas por Froila durante a mañá. Trátase do manifesto 'Mi voto cuenta'. Nel reclaman á Administración, partidos políticos e familias que queren facilidades á hora de poder exercer o seu dereito. Entre elas, piden programas electorais en lectura fácil e de fácil acceso nas páxinas web, sinais fáciles de entender nos colexios, leis sen normas, e que conten con eles nos partidos. Tamén reclaman apoio para ir votar e que se respecte a súa decisión para así exercer o dereito ao sufraxio activo, consciente, libre e voluntariamente.
Por último, piden a las personas con discapacidad que entren en la página web 'mivotocuenta.es' y expliquen si votar es fácil o difícil para que la administración esté informada de ello.