Pablo Fernández López dimite como presidente de AJE Pontevedra para ir como número 3 do PP
Por Redacción
Pablo Fernández López presentou a súa dimisión como presidente da Asociación de Jóvenes Empesarios de Pontevedra (AJE) na asemblea realizada este venres cos socios.
O ata agora máximo responsable da asociación empresarial vai figurar como número tres na listaxe electoral do Partido Popular, que lidera Rafa Domínguez, volvendo a presentarse na candidatura dos populares, despois da súa etapa con Telmo Martín na corporación pontevedresa.
Iniciara a súa etapa presidencial en maio de 2017 tras o mandato de Lucía Pedroso. Durante dous anos intentou impulsar diferentes retos da asociación empresarial co obxectivo de ofrecer máis servizos aos asociados.
Ao longo do seu mandato promoveu a expansión territorial, con presenza de AJE nas principais comarcas e aumentou o número de socios da entidade.
Relacionadas:
-
Jesús Rey relevará a Pablo Fernández á fronte de AJE Pontevedra
Por Redacción |
-
Rafa Domínguez ve este mandato como o "último aliento" dun goberno "agotado"
Por Alejandro Espiño |
-
Rafa Domínguez presume de candidatura, acompañado por Ana Pastor e Alfonso Rueda
Por Redacción |
-
Os novos empresarios de Galicia entregarán os seus premios anuais en Sanxenxo
Por Redacción |
-
AJE Pontevedra pide peaxe gratuíta para o sector empresarial, que axude a activar o polígono de Barro-Meis
Por Anxo Lourido |