Un milleiro de deportistas participan no #PonteEnMarcha2019 na procura da inclusión social
Por Diego Torrado & Redacción
Actividades lúdico-deportivas como a zumba, pasa o testigo ou o xogo do tapón desenvolvíanse este sábado desde as 17.00 horas dentro dunha nova edición de #PonteEnMarcha2019. Trátase dun evento organizado polo Leis Pontevedra, que normalmente se centra arredor dunha marcha popular.
Neste caso a chuvia provocou que se cambiara a marcha para levar a cabo diferentes accións deportivas e de diversión no interior do Pavillón dos Deportes de Pontevedra.
Nesta iniciativa participaban un milleiro de persoas, coa intervención de 15 colectivos sen ánimo de lucro que realizan tarefas de carácter social.
A xornada axuda a escoitar, compartir experiencias e gozar doutras formas de entender a actividade deportiva.