O BNG de Moraña presentou a súa candidatura liderada por Marcos Suárez
Por Redacción
O BNG de Moraña presentou este domingo as 21 mulleres e homes que conforman a candidatura de cara ás eleccións municipais de maio, nun acto celebrado na casa de cultura Castelao que quedou desbordada con máis de 200 persoas.
No acto a organización nacionalista deu a coñecer as caras que forman parte do seu proxecto municipal entre as cales se atopan ata nove persoas novas para as que, en palabras do candidato á alcaldía Marcos Suárez, "son un claro exemplo do alto número de veciñas e veciños que se están comprometer co proxecto do BNG".
Na casa de cultura Castelao interviron, ademais do Alcalde de Pontevedra Miguel Fernández Lores e a que ata agora fora concelleira nacionalista en Moraña Eva Villaverde.
O candidato á Alcaldía, Marcos Suárez, definiu a candidatura presentada como "a mellor da historia do noso concello, pola representatividade, transversalidade e tamén polo talento, formación, xuventude pero tamén experiencia e capacidade das que a forman".
O candidato convidou á veciñanza a confiar e a dar unha oportunidade ao proxecto do BNG para deixar atrás unha "Moraña que morre, perde poboación, gris, con inercias incapaces, e na que non se trata a todas as veciñas por igual" para construír entre todos "un concello moderno, democrático, avanzado, con rumbo e ideas claras, con dereitos cultura servizos e espazos dos que sentir orgullo".
A candidatura do BNG de Moraña esta encabezada por Marcos Suárez Redondo, Rubén Fernández Monteagudo (2), Mariña Búa González (3), Belén Viéitez Ferradáns (4), Javier Acevedo Ferreira (5), Susana Fuentes Gago (6), Lucía Silva Gago (7), Manuel Bugallo Silva (8), Raúl Ozores Calvo (9) e Marina Tilve Gallego (10).