A Garda Civil auxilia unha embarazada que estaba de parto nun coche avariado na AP-9
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Efectivos da agrupación de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra auxiliaron na mañá deste luns a unha muller embarazada que se puxo de parto e, cando se dirixía ao hospital en coche, sufriu unha avaría que a deixou inmobilizada na autoestrada AP-9 sen poder acudir polos seus propios medios ao hospital.
Segundo informou a propia Garda Civil, a muller viaxaba de acompañante nun vehículo conducido polo seu marido. Circulaba desde Barro en dirección a Pontevedra cando tiveron unha avaría que lles implidó avanzar. Quedaron tirados na autoestrada á altura do termo municipal de Barro mentres ela estaba de parto.
Cando os axentes de Tráfico chegaron á súa altura, comprobaron que se atopaba de parto e prestáronlles auxilio. Solicitaron a presenza no lugar dunha ambulancia para que procedese ao seu traslado ao hospital e axudaron ao seu marido para que tamén puidese acompañala.
Finalmente, o bebé naceu 30 minutos despois a súa chegada ao hospital. Foi un neno e, segundo púidose saber, todo foi ben no parto.
Servir al ciudadano es nuestra razón de ser!!
— Plan DirectorGC Pont (@PlanDirectorPon) 8 de abril de 2019
Esta mañana efectivos de la Agrupación de Tráfico de la @guardiacivil auxiliaron a una mujer embarazada, que se encontraba de parto, cuando viajaba en un vehículo que se averió en la AP-9 a la altura de #Barro. pic.twitter.com/frdCX6gAdD