Un acordo de última hora desconvoca a folga de tres días prevista en atención primaria
Por Redacción
Un acordo de última hora acadado nas reunións celebradas este luns entre a Consellería de Sanidade e os sindicatos convocantes levou a desconvocar a folga de atención primaria prevista a partir de este martes 9 e durante tres días -9, 10 de 11 de abril-.
Os sindicatos CCOO, CIG, UGT, CEMS-O'MEGA e CSIF chegharon ao acordo de negociar todas as reivindicacións en dúas mesas de traballo que se constituirán para o efecto.
Así, crearase unha mesa sectorial que terá carácter laboral. Suporá abrir un diálogo sobre atención primaria cara á negociación de todas as reivindicacións de contido laboral incluídas na convocatoria de folga presentada, significadamente a dotación de prazas.
A segunda mesa centrarase no carácter organizativo e asistencial e suporá crear o Consello Técnico de Atención Primaria, que terá carácter permanente. Será un órgano colexiado no que estarán representadas, entre outros colectivos, as sociedades científicas, asocíacións profesionais e sindicatos.
A previsión é que durante mes de abril será convocada a Mesa Sectorial.