A Biblioteca Pública de Marín separa a área infantil da zona de consulta
Por Redacción
A Biblioteca Pública acaba de remodelar os seus espazos de lectura para separar a área infantil da de consulta.
O cambio débese a que a zona de consulta convértese nunha aula de estudo durante a época de exames e os usuarios ocupan todas as prazas dispoñibles debido á súa comodidade e horario ininterrompido desde as 9 da mañá ata as 9 da noite.
As obras realizáronse cunha subvención da Xunta e permitiron ordenar a área infantil.
Os responsables da Biblioteca pretenden habilitar máis salas de estudo para responder ao demanda expresada polos usuarios.