Cambio xeracional na candidatura do BNG á alcaldía de Marín
Por Redacción
A Asemblea Local do BNG de Marín aprobaba este luns a listaxe que tiña elaborado a Comisión Electoral Municipal desta agrupación de cara ás eleccións do 26 de maio. A listaxe está encabezada por Lucía Santos Omil e constata un cambio xeracional.
A candidatura conta cun grupo importante de xente nova procedente da actividade social e cultural de Marín, que estará acompañada por outras persoas con máis veteranía e experiencia na actividade política.
A Comisión Electoral Municipal do BNG tamén anuncia que se atopa moi avanzado o programa que presentarán para os comicios municipais en que apostan pola "humanización urbanística", a potenciación dos servizos públicos e pola participación cidadá.
A formación nacionalista afirma que quere darlle a voz á xente e aos entes vivos de Marín coa creación de Consellos Municipais para canalizar as peticións e queixas veciñais.