Sanxenxo convoca o seu primeiro certame de bandas de cornetas e tambores
Por Oskar Viéitez
Esta fin de semana terá lugar o primeiro certame de bandas de cornetas e tambores en Sanxenxo.
O sábado 13 abril, a partir das 12.30 horas as diferentes bandas participantes farán un desfile cada unha desde unha rúa (Avenida de Madrid, o Paseo de Silgar e Rúa Consistorio).
Ás 12.40 horas terá lugar o concerto na Praza dos Barcos, onde actuarán a Agrupación Musical Virxe da Amargura (Ferrol), a Banda da Confraría do Espírito Santo (Pontevedra) e a Banda da Confraría do Nazareno e Santo Sepulcro (Sanxenxo) que é a organizadora deste evento.
PREGÓN
O mesmo sábado, ás 20.45 horas terá lugar a lectura do Pregón de Semana Santa, a cargo de Antonio Castro Martínez, maxistrado xuíz e escritor.
Será no templo pequeno, e ao finalizar haberá unha actuación do trio de música sacra Sondarai Trio.