Manuel Campos, orgulloso de cumprir o 100% do seu programa, aspira a repetir mandato
Por Redacción
A biblioteca Roberto Blanco Torres acollía este martes a presentación dos integrantes da candidatura do PSOE á alcaldía de Cuntis encabezada polo actual rexedor Manuel Campos Velay.
A lista, desbordante de ilusión e ganas de traballo, presentábase nun acto no que participaron militantes e simpatizantes do grupo socialista.
O principal obxectivo céntrase en renovar a confianza dos votantes que lle permitiron desenvolver o goberno desde 2015. Segundo afirma Manuel Campos, "cumprimos practicamente ao 100% o noso programa. Estamos a piques de finalizar o Centro de día, fixemos múltiples melloras no rural e reactivamos a administración local que estaba paralizada".
A meta é superar os tres concelleiros obtidos nos últimos comicios municipais. A man dereita de Manuel Campos volverá ser Conchy Campos e a principal novidade desta candidatura atópase no terceiro posto, que ocupa Antonio Fontenla Torres, natural de Troáns e albanel de profesión. A súa implicación no tecido social impulsoulle do décimo quinto debido a que ocupaba en 2015 ao terceiro lugar da lista.
A cuarta posición ocúpaa Ana Loureiro, natural de Estacas e traballadora do servizo de axuda no fogar. A lista complétana José Manuel Lema, Martín Álvarez, José Fernández, María Sandra Barreiro, Ana Vieites, Lucía Velay, Concepción Jamardo, Ana Antolínez, Diego Gastón, Manuel Parama, María del Carmen Escáriz, Ana Hervés, Javier Blanco, Beatriz Loureiro, Ramón Rey, Margarita Souto e José Paz