Beatriz Pino escoita a bombeiros e policías no seu primeiro acto político en Pontevedra
Por Alejandro Espiño
Bombeiros e policías foron os protagonistas do primeiro acto político que a candidata de Ciudadanos ao Congreso pola provincia, Beatriz Pino, celebrou na cidade de Pontevedra. Fíxoo acompañada do deputado de Ciudadanos, Miguel Gutiérrez.
A xornada comezou coa recepción a representantes da Mesa Intersindical de Bombeiros de Galicia, ante os que a candidata laranxa destacou a necesidade de establecer un marco de traballo "más efectivo" para este servizo de emerxencias.
Tras sinalar que se trata dun servizo "fundamental" para a seguridade dos cidadáns, Pino reiterou que as administracións deben apostar por unha xestión "más eficaz" para os bombeiros.
"Los ciudadanos tienen que tener una respuesta eficaz, seria y rápida", sinalou a candidata ao Congreso, algo que se debe conxugar coa necesidade de dar "solución" ás demandas dos traballadores.
Ciudadanos, adiantou Beatriz Pino, "analizará el panorama actual" en Galicia para buscar a maneira de ofrecer un servizo "integral" e se poida afrontar "con garantías" calquera situación de risco que se poida presentar.
A continuación, os representantes de Cidadáns mantiveron un encontro con representantes do sindicato Unión Federal de Policías (UFP) de Pontevedra para analizar a situación na que se atopan os traballadores da Policía Nacional na provincia.