Novo reparto de flores de Ponteguapa para darlle a benvida á primavera
Por Nacho Fuentes & Redacción
O programa Ponteguapa segue a encher de cor a cidade. Este xoves, unha multitude volveu responder á convocatoria do Concello de Pontevedra na praza da Audiencia para un reparto de flores co que se pretende seguir dando a benvida á primavera.
A veciñanza do barrio fixo cola para recoller as flores, nunha cita que quedara adiada días atrás por mor do mal tempo e que contou coa participación do alcalde e o concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Anxo Fernández Lores e Alberto Oubiña.
A iniciativa, que se inaugurou hai dúas semanas na praza da Peregrina, ten previstos dous novos repartos para os vindeiros días. Este venres 12 de abril será ás 18.00 horas na Praza do Hospital e o sábado día 13 a cita é ás 11.00 horas na praza José Martí.
Unha actuación musical e un obradoiros infantil arroupou a repartición das plantas, entre as que houbo petunias, calibrachoa, margaridas e perlagonium (xeranios).