O Pai Caroli, 25 anos despois do xenocidio de Ruanda
Por Oskar Viéitez
O xenocidio de Ruanda tivo lugar entre abril e xullo do ano 1994. Foron cen días de matanzas que deixaron uns 800.000 mortos. A maioría das vítimas foron tutsis, aínda que tamén foron exterminados hutus, a etnia maioritaria no país (representaba o 85% da poboación antes do conflito). A esta etnia pertencían os autores da matanza, soldados do Exército e membros da milicia extremista Interahamwe (os que matan xuntos).
O maior xenocidio rexistrado no mundo, segundo a ONU, comezou a noite do 6 de abril, horas despois de que o presidente do país, Juvenal Habyarimana, morrese tras ser alcanzado por dous mísiles o avión no que se dispoñía a aterrar no aeroporto de Kigali. Habyarimana, que chegara ao poder en 1973 mediante un golpe de estado, pertencía á etnia hutu.
En canto correuse a voz da morte de Habyarimana, os hutus atribuíron o magnicidio aos tutsis da Fronte Patriótico Ruandés (FPR) e comezaron a matar a tutsis e membros moderados da súa propia etnia: homes, mulleres, nenos e anciáns foron masacrados a tiros e machetazos. Vinte e cinco anos máis tarde Frei Juan Carlos Mancebo, coñecido entón en Ruanda como Pai Caroli, lembra en Pontevedra como viviu aquel baño de sangue.
Este frade mercedario, formado no Mosteiro de Poio, é un dos protagonistas do documental 'Redentores de Cautivos' que se puido ver este xoves no Teatro Principal. Unha película centrada nas vivencias de dez daqueles relixiosos que, xunto a outros 150 misioneiros, recibiron en 1994 o premio Príncipe de Asturias polo seu abnegada labor humanitario no medio da guerra.
Mancebo lembra que facía dous anos que se ordenou sacerdote cando foi destinado a Burundi. Pero a inestabilidade sociopolítica no país obrigoulle a partir á veciña Ruanda xunto cos seus sete compañeiros de misión. Chegaron en decembro do 85. Nesa primeira etapa "pudimos disfrutar de la labor evangelizadora", coidaron enfermos, construíron hospitais e escolas… despois chegou a guerra. "A mi me pilló en la misión de Rwamiko", lembra, e en apenas 12 días acolleron na misión a uns 40.000 desprazados. "La misión la teníamos invadida de refugiados, tanto de una etnia como de otra".
A película lembra un episodio de especial dramatismo cando o pai Caroli xunto a outro frade tiveron noticia de que nunhas casas próximas á misión a guerrilla fusilara a varias familias e foron ata alí cunha cámara de fotos e outra de vídeo para mostrar ao mundo o que estaba a ocorrer. Ao chegar ao sitio cando fotografaban un grupo de cadáveres amontoados, ao dispararse o flash da cámara, algo se moveu. Era un neno que sobrevivira e que lles gritaba aterrado "Non me matedes!".
Un tempo despois foi expulsado do país durante un par de anos e marchou á República Democrática do Congo onde estivo a acompañar aos refuxiados ruandeses.
Hoxe rememora aqueles días con "un punto de esperanza" e no seu recordo permanecen "familias muy humildes que han dado su vida acogiendo a víctimas de la guerra que estaban exterminando".
Frei Mancebo cre que "es muy difícil comenzar la reconciliación" e asegura que nesa tarefa "la Iglesia tenemos una gran labor que hacer".
O seu compromiso non cesa, o pasado verán o Pai Caroli presentouse como voluntario na Cruz Vermella de Xerez para axudar aos migrantes que se xogaron a vida no mar cruzando o estreito en patera para chegar a España. Prestou axuda como tradutor, ao coñecer ben o francés e mesmo o burundi.
"Los seres humanos somos iguales tengamos el color de piel que tengamos", afirma este mercedario "tenemos que acoger. Lo más difícil es la integración del migrante que viene de una cultura y una religión como la islámica, que es totalmente distinta a la nuestra, pero tenemos que hacerlo".