Falece un home ao incendiarse de madrugada a súa casa en Bueu
Por Redacción
Un home de ao redor de 50 anos, que residía só falecía este venres con motivo do incendio que se rexistraba na súa vivenda situada en Montemogos, na parroquia de Beluso, no municipio de Bueu.
O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia recibía a alerta ao redor das 06.30 horas da mañá. A Policía Local comunicaba a emerxencia derivada dun incendio na residencia unifamiliar.
Os axentes desprazáronse ata o lugar e inicialmente descoñecían se o residente se atopaba no interior da vivenda. Desde o 112 Galicia alertábase o 061-Urxencias Sanitarias, Bombeiros do Morrazo, Garda Civil e aos efectivos de Protección Civil.
Os Bombeiros, unha vez que chegaron á casa, tras extinguir as lapas na súa totalidade, atoparon o home falecido deitado nun sofá. Segundo o 112 Galicia ardeu o salón por completo e o corredor do edificio.
Segundo testemuñas presenciais, quemous a planta onde a vítima facía vida habitualmente. O home residía só nos últimos tempos xa que os seus irmáns viven en San Sebastián e os seus pais xa faleceron. A Garda Civil abriu unha investigación para determinar os feitos que provocaron o falecemento.