A Plataforma de Afectados pola Hipoteca protesta ante unha sucursal de CaixaBank
Por Redacción
Membros da Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH) en Pontevedra protagonizaron este venres unha protesta ante a oficina de Caixabank no Burgo para "esixir unha solución ao problema de Carmen".
Segundo explicaron, Carmen é unha compañeira do grupo local da PAH que "leva máis dun ano loitando para solucionar o seu caso".
Afirman que esta muller "pagou máis do que pediu prestado, pero La Caixa quere máis, aínda que xa non poida pagar".
Aseguran que os responsables do banco "queren que Carmen venda a súa casa para saldar a pouca débeda que queda por pagar".
Desde a Plataforma de Afectados pola Hipoteca propuxeron unha quita da débeda pero CaixaBank rexeitouna.