O PP de Barro acomete unha "renovación total" na lista de José Antonio Landín
Por Redacción
O Partido Popular de Barro acomete unha "renovación total" na lista que encabeza José Antonio Landín para as próximas municipais do 26 de maio.
En comunicado a formación conservadora asegura que os intengrantes desta candidatura "suman, experiencia, renovación, e unha aposta decidida pola xente nova".
O lema de campaña "Barro para TI", quere transmitir unha idea de proxecto municipal "centrado nas persoas, inclusivo e positivo".
As súas principais propostas son: a construción dun novo edificio que albergará un novo Centro de Saúde, un Centro de Día, Xulgado e usos múltiples. Tamén "a construción dun parque multiaventura único en Galicia" ou a transformación turística do Parque de Barosa serán accións de goberno fundamentais.
Finalmente prometen unha "redución ou eliminación" de varios impostos directos, redución do gasto dedicado ao pago de soldos de políticos en máis 200.000 euros, favorecer a implantación de empresas e creación de emprego no Polígono de Barro-Meis.
A candidatura está conformada por José Antonio Landín Eirín (1), Patricia Corredoira Feijoo (2), Alberto Diz Fontán (3), José Suárez Vázquez (4), Carlota Cousido Seijo (5), Emilio "Lucho" Martínez Ramírez (6), Víctor Sánchez Oubiña (7), María Isabel "Mabel" Lamas Francisco (8), Jose Manuel Formoso Búa (9) y Sandra María Sartal Aboal (10).