O BNG presenta a lista coa que aspira a "iniciar a transformación real" de Sanxenxo
Por Redacción
O Miradoiro de Caneliñas foi o lugar escollido este venres polo Bloque Nacionalista Galego de Sanxenxo para presentar a lista que concorrerá ás próximas eleccións municipais no mes de maio.
Sandra Fernández Agraso deu a coñecer os nomes do seu equipo, co que espera "iniciar unha transformación real" do municipio.
A candidata nacionalista definiu aos seus compañeiros como "unha candidatura en positivo, con persoas formadas, capaces e participativas en distintos colectivos e movementos asociativos tanto veciñal, cultural e ecoloxista".
Fernández Agraso asegurou sentirse "orgullosa" de conformar un proxecto "sólido e coherente".
A lista coa que o BNG concorrerá ás eleccións municipais de Saxenxo está conformada por: Sandra Fernández Agraso (1), Maximino González Miniño (2), Andrea Ucha Bouzada (3), Francisco Leiro Duarte (4), Helena Vilas Viñas (5), Tamara Castro Leiro (6), Rocío Méndez Castro (7), Alejandro Piñeiro González (8), Andrea García Gondar (9), Albino Caneda González (10), Clara Pino Bañón (11), Octavio González Fernández (12), Rocío Garrido Caramés (13), Manuel Lima Martínez (14), Josefa García Martínez (15), Celso Bugallo Aguiar (16), David Otero Domínguez (17).