Retiran vexetación invasora da leira do balneario
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas comezou a limpar a leira do balneario, onde está prevista a construción e explotación da futura Estación Termal.
Unha brigada de operarios retirou nos últimos días vexetación invasora que ocupaba o terreo desde a derriba da histórica edificación.
As raíces das acacias, tras 11 anos de abandono, deixaron unha profunda pegada no terreo, polo que os labores comezaron pola talla das árbores. Os operarios, sinala o goberno local, teñen traballo na zona ata final de mes para deixar en boas condicións os 7.612 metros cadrados de terreo.
A actuación permitiu descubrir a fonte na que as augas termais de Ponte Caldelas, declaradas de utilidade mineiro-mediciñal desde 1888, desembocan no río Verdugo.
En canto á tramitación do proxecto de Estación Termal, o Concello asegura que unha vez se aprobe no pleno municipal o anteproxecto arquitectónico e o estudo de viabilidade, o expediente quedará listo para a licitación pública entre as empresas interesadas.
Relacionadas:
-
Ponte Caldelas aprobará este martes o anteproxecto da futura estación termal
Por Redacción |
-
O Concello de Ponte Caldelas tilda de "pataleta infantil" as alegacións do PP ao proxecto do balneario
Por Redacción |
-
O PP de Ponte Caldelas presenta alegacións ao anteproxecto da Estación Termal
Por Redacción |
-
O expediente para a concesión da construción e explotación do balneario xa está a exposición pública
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas expón a documentación do futuro balneario
Por Redacción |