Pontevedra súmase ás manifestacións en apoio das pensións convocadas en todo o Estado
Por Redacción
A Coordinadora Estatal pola Defensa do Sistema Público de Pensións mobilizouse este sábado 13 de abril en 270 localidades de todo o Estado.
Pontevedra non foi allea desta xornada de reivindicación, coa que a quixeron sumarse á campaña electoral.
"Estamos decididos a xogar un papel primordial e a ser decisivos nestas Eleccións Xerais, nas que non se debate absolutamente sobre os problemas da cidadanía, como pensións, sanidade ou dependencia", sinalou o Movemento Galego pola Defenda das Pensións Públicas (MODEPEN).
Tras concentrarse na Praza da Peregrina, os asistentes á manifestación realizaron un breve percorrido por varias rúas do centro da cidade.
A Coordinadora considera o actual ciclo electoral como crucial para o Sistema Público de Pensións, moito máis despois de que o pasado día 4 o Parlamento Europeo "dese as costas aos dereitos dos cidadáns aprobando o Plan Europeo de Pensións Individuais, todo un torpedo á liña de flotación dos sistemas públicos de pensións en Europa".