Ángel Moldes defende a "renovación real" da lista do PP á alcaldía de Poio
Por Redacción
O Partido Popular de Poio escolleu o Bosque de Secuoias ou Bosque de Colón para presentar este sábado a candidatura coa que concorrerá ás eleccións municipais do próximo mes de maio.
Para Ángel Moldes, candidato da formación á alcaldía, conformaron "un equipo renovado, con ilusión e preparado para gobernar e tomar decisións de maneira inmediata", sinalou aludindo a unha "renovación real" na que están representadas as diferentes parroquias do municipio.
A procura de localización para a depuradora, o saneamento, a baixa do IBI ou "acabar co ocultismo e gañar en transparencia" son algúns dos compromisos do PP na carreira electoral.
"Comprometémonos a non pactar cos que levan 24 anos no poder -nin co PSOE nin co BNG- e gustaríanos que o resto de partidos fixese o mesmo", declarou Moldes.
A lista do Partido Popular en Poio compóñena: Ángel Moldes Martínez (1), Rocío Cochón Castro (2), Sergio Pereira Martínez (3), Cándido "Tucho" Muíños Balea (4), María José "Maritxe" González López (5), Manuel Domínguez Álvarez (6), Marcial García Freijeiro (7), Natividad Torres Balea (8), Tamara González Ouviña (9), Elisabeth Moreda Martínez (10), Lino Pazos Nieto (11), Francisco Javier Da Silva Iglesias (12), José Vicente Pérez Pazos (13), Susana Castiñeira Antón (14), Hortensia "Tesi" Baquero Hernández (15), Fernando Losada Duarte (16), María Celeste Nieto García (17).