Concorrida procesión da 'Burriña' na primeira gran xornada da Semana Santa
Por Diego Espiño & Diego Torrado
A Semana Santa xa esta aquí. Centos de persoas participaron este domingo na primeira gran xornada de celebracións relixiosas, o Domingo de Ramos, achegándose ata as inmediacións da Igrexa de San Francisco en Pontevedra.
A cita era obrigada, coa tradicional bendición de palmas e ramos e a posterior procesión da 'Burriña'.
A xornada, do mesmo xeito que os últimos anos, comezou co traslado da imaxe que recrea a Xesucristo entrando en Xerusalén a lombos dunha burra desde Campolongo, tras a misa celebrada en San José, ata o atrio de San Francisco.
Alí esperaba unha multitude, moitos deles nenos e nenas vestidos de estrea e que agardaban para golpear a imaxe cos ramos e as palmas ao longo da procesión que percorreu a Praza da Peregrina, Paseo Antonio Odriozola, Soportais, Curros Enríquez, Manuel Quiroga, Don Filiberto, Alhóndiga e Avenida de Santa María.
Durante a tarde do domingo estaba prevista ademais a representación da Paixón, a cargo do Grupo Arume, na igrexa de San José de Campolongo.
A Semana Santa pontevedresa continuará este luns 15 de abril coa Procesión do Cristo das Caídas, coa Cofradía de la Vera Cruz e representacións do resto das confrarías, partindo desde San Bartolomé ás 20:30 horas.
Relacionadas:
-
A chuvia obriga a suspender a procesión da Virxe da Soedade e da Cruz ao Lombo
Por Redacción |
-
A procesión do Nazareno e a Esperanza, un clásico da Semana Santa pontevedresa
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
O ceo respecta e a Semana Santa continúa coa procesión do Cristo das Caídas
Por Redacción & Diego Torrado |
-
A Semana Santa, a paso de click
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |