VÍDEO.- Pontevedra estrea spot turístico da cidade
Por Redacción
Coincidindo coa Semana Santa a concellería de Promoción Económica de Pontevedra presentou un novo anuncio promocional da cidade.
Trátase dun vídeo realizado por Produciones Mutantes que, sinalan, pretende facerse eco do que fai grande a unha cidade como a Boa Vila, as súas xentes.
"En Pontevedra non acollemos turistas, facemos amigas e amigos", reza o lema da campaña, que pretende ensinar ao mundo a maneira de vivir na cidade do Lérez.
Os preto de 80 figurantes que aparecen no vídeo promocional non son actores, senón veciños da cidade.
Para a rodaxe contouse co director de fotografía portugués Abel Rosa, profesional con ampla traxectoria no mundo do cinema.