Os servizos de emerxencia acoden a Monte Porreiro ao rexistrarse unha explosión nunha vivenda
Por Redacción
Importante susto o vivido este domingo polos veciños da rúa Illa de Man de Monte Porreiro, debido á explosión rexistrada nunha vivenda.
Segundo explicaron os Bombeiros de Pontevedra, produciuse unha explosión previsiblemente de gas na cociña dunha vivenda situada no número 3 da citada rúa.
Afortunadamente o suceso, que tivo lugar ao redor das 14:00 horas, só afectou a esa estancia da casa e non foi necesario desaloxar o edificio.
A inquilina do piso, iso si, tivo que ser atendida polos profesionais do 061 que se trasladaron ao lugar.
Ademais mobilizáronse efectivos dos Bombeiros de Pontevedra e da Policía Local.