Os traballadores do servizo de recollida do lixo en Marín sopesan ir á folga
Por Redacción
O cadro de persoal do Servizo de Recollida de Residuos de Marín está disposto a seguir coas mobilizacións comezadas este xoves día 11 de abril e convocar folga ata que se "dignifique" o seu traballo mediante a negociación dun convenio con "incrementos dignos".
Dende o sindicato Comisións Obreiras, destacan que os traballadores "non son culpables nin da mala xestión da actual empresa ao presentarse ao concurso con unha baixa temeraria, nin da falta de sensibilidade da alcadesa que tras permitir sacar un prego de condicións que non garantía o poder adquisitivo do cadro de persoal durante a vixencia da contrata, agora tan so dedícase a mirar para outro lado abandonando aos traballadores e traballadoras de Marín a súa sorte".
Os membros do cadro de persoal do Servizo de Recollida de Residuos de Marín considéranse "ninguneados" durante o proceso de negociación do novo convenio colectivo, xa que despois de máis dun ano de negociación "a empresa mantén sobre a mesa unha ridícula proposta que ata podemos considerar insultante por non garantir o IPC real".
Segundo informaron dende o sindicato Comisións Obreiras, durante os dous últimos meses de negociación, a empresa traslada ao cadro de persoal problemas económicos na explotación da contrata, aínda que en ningún momento facilitouse aos representantes legais dos traballadores as contas reais de explotación da mesma, "o cal deixa nunha situación de indefensión e incredibilidade os traballadores e traballadoras que tan so provoca malestar e indignación".
Dende CCOO mantivéronse reunións coa alcadesa de Marín, María Ramallo para buscar mediación en dita negociación, xa que a empresa culpa de esta situación ao Concello por non revisar os prezos provocando que a contrata entre en números negativos e ao mesmo tempo pon en perigo a viabilidade da mesma.
Nas reunións mantidas a empresa fixo entrega dunha proposta que foi rexeitada pola asemblea de traballadores por considerala "insuficiente o non garantir nin as subas do IPC real, e tampouco contempla cláusula de revisión salarial". (A oferta é dun 1% para 2019 e un 1,2% para 2020).
Por outra parte, CCOO lembra que no momento no que saíron os actuais pregos (ano 2016) presentáronse alegacións porque o importe do servicio non garantía poder soportar negociar futuros incrementos durante a vixencia da contrata.