Pontevedra aumentará ata o millón de euros o contrato de reparacións urbanas
Por Alejandro Espiño
Ata un millón de euros. É o aumento que experimentará o contrato de pequenas reparacións e melloras en espazos urbanos, que o Concello de Pontevedra sacará a licitación nas próximas semanas.
O portavoz do goberno municipal, Raimundo González, explicou que este incremento débese a que, a partir de agora, estas reformas serán de maior calado. As obras non serán en puntos concretos das rúas que estean en mal estado, senón que se actuará por tramos.
O obxectivo é alongar a vida útil das vías urbanas e reforzar as tarefas de conservación dos espazos públicos da cidade.
O contrato sairá a licitación por dous anos, a razón de 500.000 euros anuais.
NOVA FASE DAS ARI
O Concello aprobou tamén as novas bases reguladoras e a convocatoria da rehabilitación de edificios o centro histórico e Estribela, os coñecidos como ARI, que chegarán este ano á súa terceira e oitava fase respectivamente.
Os interesados en acceder a estas axudas deberán presentar as súas solicitudes no próximos tres meses. Prevese financiar 35 actuacións no centro histórico e 23 en Estribela.
Este plan, financiado a tres bandas por Concello, Xunta e Ministerio de Fomento, destinará 552.121 euros á zona vella pontevedresa e 112.499 euros ao barrio de Estribela.