Servando Fuentes, histórico militante nacionalista, encabeza a lista do BNG ás vindeiras municipais en Cuntis
Por Redacción
O BNG de Cuntis presentou a súa candidatura ás vindeiras eleccións municipais, que encabeza o histórico nacionalista na vila, Servando Fuentes. Na presentación, os integrantes da lista comentaron que o aval que presentan susténtase neste mandato en que ofreceron estabilidade ao goberno socialista en minoría.
Os nacionalistas sinalan que sacaron adiante moitas das propostas que se presentaron hai catro anos. A candidatura, afirman tamén, representa á totalidade das parroquias do municipio, así como todos os sectores sociais e produtivos do Concello.
Ademais de Servando Fuentes, veciño de Portela, traballador do sector do transporte, a lista conta no número dous con Vanessa Fuentes, veciña de Ducío (Arcos de Furco), quiromasxista e rexente dun centro de masaxes. Diego Torres, arqueólogo e concelleiro durante estes dous úlitmos anos, ocupa o número 3, mentres que Beatriz Hervés, veciña de Vilar e monitora de tempo libre figura como cuarta na lista.