A Rúa Vento pasa a ser dun só sentido
Por Redacción
Este martes comezaron as obras de pintado da Rúa Vento que pasa a ter un só sentido, isto é: de entrada desde a rotonda de Arnelas.
O pintado tamén contempla a sinalización de prazas de aparcadoiro e dun paso peonil para que as persoas que circulen camiñando pola vía teñan un espazo seguro para facelo.
Na Rúa Vento acometéronse traballos de mellora da seguridade viaria o pasado mes de decembro, coa súa pavimentación completa. A obra consistiu na limpeza das cunetas e as marxes, fresados localizados e apertura dunha caixa na plataforma para a dotación dunha capa basee e o bacheo para a regularización do firme. A continuación, estendeuse unha capa de rodaxe con mestura bituminosa en quente e puxéronse as tapas das pozas de rexistro.
Previo a esta actuación, neste viario xa se acometeu unha obra para a instalación da rede de saneamento de augas pluviais e cruces para previsión de electricidade e telecomunicacións.