A procesión do Nazareno e a Esperanza, un clásico da Semana Santa pontevedresa
Por Redacción & Mónica Patxot
Os actos da Semana Santa pontevedresa tiveron este martes unha cita tradicional dentro da súa programación coa procesión de Xesús Nazareno e María Santísima da Esperanza.
Centos de fieis acompañaron a marcha que partiu ao redor das 21:00 horas da Igrexa de San Bartolomé para percorrer boa parte do centro histórico, concretamente as rúas Sarmiento, Isabel II, Princesa, Praza do Teucro, Manuel Quiroga, Soportais, Ferrería, Paseo Antonio Odriozola, Pasantería e de novo Sarmiento para recollerse no templo.
A xornada estivo protagonizada pola Confraría do noso Pai Xesús do Silencio con acompañamento da Confraría da Maior Dor.
Este mércores a testemuña tómao a Procesión da Santísima Virxe da Soidade e Xesús Nazareno coa Cruz ao lombo, que partirá ás 21:00 horas da Basílica de Santa María con participación da Confraría da nosa Nai da Maior Dor, con representantes doutras agrupacións participantes na Semana Santa.
Relacionadas:
-
A procesión dos Pasos sae a pesar da choiva, pero acurta o percorrido
Por Redacción & Diego Torrado |
-
A chuvia obriga a suspender a procesión da Virxe da Soedade e da Cruz ao Lombo
Por Redacción |
-
A inestabilidade do tempo impulsa as cancelacións e reservas 'last minute' nesta Semana Santa
Por Olaya Madrigal & Nacho Fuentes |
-
O ceo respecta e a Semana Santa continúa coa procesión do Cristo das Caídas
Por Redacción & Diego Torrado |
-
A Semana Santa, a paso de click
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Concorrida procesión da 'Burriña' na primeira gran xornada da Semana Santa
Por Diego Espiño & Diego Torrado |