A madriña Carmela Silva agasalla con rosca de Pascua aos seus afillados de Filosofía
Por Nacho Fuentes
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, recibiu este mércores cun almorzo no Pazo provincial ao alumnado de Filosofía da UNED Senior.
Carmela Silva, como madriña desta promoción, agasallou cunha rosca de Pascua aos seus afillados. Sen sairse dos doces típicos desta tradición, os alumnos entregáronlle como obsequio unha mona de chocolate e tamén o libro "En invierno madura el fruto", de María Prendes no que se relata unha viaxe a través da vida contemplada dende a época madura.
A presidenta provincial reiterou o "orgullo" que sinte por ser a madriña desta promoción.