Cuntis renova a sinalización de parroquias e lugares turísticos
Por Redacción
A sinalización dos lugares e monumentos de Cuntis verase totalmente renovada e os lugares do municipio que carecían de letreiros terán finalmente indicacións. O Concello xa se finalizou a primeira fase de renovación de sinais e acaba de encargar á empresa API Mobilidade a segunda rolda.
O resultado final será completar a renovación da sinalización no municipio. A sinalización que se colocará na vía pública diferenciarase en catro tipos de sinais: os letreiros indicativos de entrada e saída do termo municipal, os situados nos cruces de camiños, os que indican a situación dos núcleos de poboación e varios cruzamentos perigosos, nos que se colocará sinais de STOP e pintarase o pavimento.
A renovación da sinalización era un das grandes metas do goberno de Manuel Campos porque Cuntis ten unha poboación moi diseminada cun gran número de entidades de poboación que na actualidade carecen de sinais indicativos.
A implantación destes carteis servirá para guiar aos veciños e tamén aos visitantes polos distintos lugares, parroquias e puntos de interese turístico.