Entre descontos e homenaxes na Feira Multisectorial- Outlet Mixx Made in Sanxenxo
Por Redacción
A Feira Multisectorial- Outlet Mixx Made in Sanxenxo que permanece aberta en Sanxenxo desde este Xoves Santo serviu de escenario para unha homenaxe a Moncho Cubaney, propietario do famoso Bar Cubaney de Portonovo e unha persoa moi coñecida na vila turística.
Na mañá deste venres organizouse un acto de homenaxe e distinción na carpa instalada na praza do Mar, na que 60 establecementos comerciais ofrecen produtos a baixo prezo e artesanía propia do municipio.
Moncho Cubaney foi homenaxeado como personaxe do ano Made in Sanxenxo 2019 e a organización destacou o seu labor cos distintos veciños de Sanxenxo. Ao acto acudiron as súas dúas fillas e decenas de amigos, que lle entregaron un cadro que pasará a adornar este bar dedicado á música cubana.