Intensifícase a campaña informativa sobre os mundiais de tríatlon no casco urbano
Por Redacción
Nos días previos aos mundiais de tríatlon, o ITU Multisport Festival, que se celebrarán en Pontevedra entre o 27 de abril e o 4 de maio, o Concello intensificou a campaña informativa sobre o evento deportivo e a maneira na que afectará no día a día da cidade.
A primeira parte da campaña foi máis intensa no ámbito rural e dende a pasada semana encara xa unha segunda fase que se concentra no centro urbano coa repartición de información en todas as caixas do correo dos edificios que se atopan en calquera dos percorridos da proba no ámbito urbano.
Ademais, comezáronse a colocar nos portais indicacións da proba e as súas afccións ao tráfico peonil e a motor.
A Policía Local, a través do seu voceiro, Manolo Omil, mantivo encontros con todos os presidentes ou responsables dos edificios dos percorridos e ofreceu a súa participación directa nas reunións que as comunidades tiveran para explicar aos residentes como se desenvolverían as probas.
Este luns 22 de abril está prevista unha reunión informativa aberta a todos os residentes no ámbito do percorrido no edificio de Cruz Vermella. Será ás 20.00 horas na primeira planta do edificio.
Estes encontros veciñais estiveron precedidos doutros co comercio, hoteis, hostalería ou usuarios do mercado de abastos e xa houbo tamén reunións específicas no ámbito da avenida de Bos Aires, a zona cero da proba.
A organización da proba, a través da Policía Local, mantén operativo un número de teléfono (092) para atender as preguntas dos cidadáns sobre o tríatlon.
Relacionadas:
-
As restricións de tráfico polo tríatlon serán este domingo só pola mañá
Por Redacción |
-
Para a ITU, Pontevedra "vai marcar un punto de inflexión" na organización do Multisport de tríatlon
Por Diego Espiño |
-
Os eventos que se celebrarán durante a fin de semana contarán cun tempo de verán
Por Olaya Madrigal |
-
O mercado ambulante trasládase durante dúas semanas a Campolongo polo tríatlon
Por Alejandro Espiño |
-
Conta atrás para os mundiais de tríatlon: así afectarán ao tráfico en Pontevedra
Por Redacción |
-
Os hoteleiros ceden ao Concello a súa APP turística para promocionar os mundiais de tríatlon
Por Alejandro Espiño |
-
O ITU Multisport provocará restricións de tráfico no casco histórico os sábados 27 de abril e 4 de maio
Por Redacción |
-
O voluntariado do ITU Multisport Festival 'ponse guapo'
Por Diego Espiño |